A diáspora galega lidera a demanda de nacionalidade con máis da metade das peticións presentadas estes tres anos
Familia

Esta porcentaxe tradúcese nuns 750.000 potenciais persoas beneficiarias con ascendentes emigrados hai décadas desde Galicia.

Remata o prazo para solicitar a nacionalidade ao abeiro da chamada lei dos netos, que permite obtela a descendentes de exiliados e emigrantes españois, así como de mulleres que perderon a nacionalidade ao casar con estranxeiros antes de 1978. O Goberno prevé máis de un millón e medio de solicitudes, das cales arredor da metade corresponderían a persoas de orixe galega. Esta medida podería elevar ata o millón o número de galegos e galegas no exterior con dereito a voto, o que supón un dos maiores procesos de recuperación da memoria e das raíces migratorias.

Migración
Fonte externa