Cohesión socioterritorial e despoboamento na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal
Este informe estuda a cohesión socioterritorial e o despoboamento nos territorios interiores da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Analiza as causas do declive demográfico e propón unha serie de liñas de actuación e accións estratéxicas para reverter a situación. As propostas céntranse na gobernanza, medidas institucionais e de financiamento, ámbito social, económico e medioambiental.