A Xunta convoca a Tarxeta Benvida para o ano 2026
Resultaron beneficiadas desde 2016 case 120.000 familias.
Mantense a posibilidade de solicitala a partir da semana 21 de xestación, así como para acollementos permanentes de menores de ata tres anos.
O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria da Tarxeta Benvida para 2026, dotada con 31,9 millóns de euros que supón un apoio económico ás familias nas que se produza un nacemento, adopción ou acollemento permanente. A axuda ascende con carácter xeral a 1.200 euros no primeiro ano (contía que se duplica a partir do terceiro fillo ou filla e aumenta en concellos pequenos) e pode estenderse en situacións de vulnerabilidade.
Fonte: Xunta de Galicia
Natalidade
Fonte externa
Novas relacionadas