Un novo proxecto tratará de combater o despoboamento nas zonas rurais da provincia de Ourense
Aldea

A iniciativa nace da colaboración entre a Deputación de Ourense e Proyecto Arraigo.
Trátase dunha nova estratexia que ten como obxectivo afrontar o reto demográfico na provincia.
 

A Deputación de Ourense, en colaboración con Proyecto Arraigo, puxo en marcha unha estratexia para combater o despoboamento e atraer novas familias ao rural. O plan arrinca cun estudo nos concellos en risco demográfico para deseñar medidas de recuperación poboacional estable e sostible. A metodoloxía baséase na conexión directa entre municipios e persoas interesadas en asentarse, co fin de reforzar a cohesión social e impulsar proxectos de vida no territorio.

Despoboamento
Fonte externa