Santiago de Compostela acolle unha xornada sobre os desafíos da demografía e do emprego
A xornada celebrouse no Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela.
A iniciativa forma parte da responsabilidade social da Fundación Nortempo e dos programas de mobilidade e retorno promovidos pola Xunta de Galicia.
A Fundación Nortempo organizou o 20 de xuño a xornada «Retos locais. Respostas globais», centrada en analizar a transformación demográfica, a mobilidade migratoria e a falta de profesionais clave. O encontro reuniu institucións, especialistas e empresas para ofrecer un diagnóstico e propoñer solucións sostibles. As sesións abordaron a xestión do talento, as políticas de integración laboral e os modelos inclusivos para persoas migrantes.
Fonte: Diario Compostela
Fonte externa
Novas relacionadas