Ponferrada acolle un encontro para abordar o futuro do medio rural en España

O III Encontro Nacional de Centros de Innovación Territorial tivo lugar os días 16 e 17 de abril en La Térmica Cultural de Ponferrada (León). 

Na primeira xornada intervirá a vicepresidenta do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Sara Aagesen Muñoz.

Ponferrada acolle os días 16 e 17 de abril o III Encontro Nacional de Centros de Innovación Territorial, unha cita impulsada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico en colaboración con diversas entidades para abordar o futuro do medio rural. O evento, aberto ao público e dirixido a profesionais e persoas emprendedoras, inclúe debates sobre mobilidade, enerxía, sustentabilidade e economía circular, así como un diálogo institucional arredor de novos modelos territoriais. Ademais, a programación conta cun coloquio sobre o rural no audiovisual e coa entrega de premios a proxectos innovadores, co obxectivo de reforzar a cooperación e dinamización dos territorios.

Fonte externa
Novas relacionadas