O abandono do medio rural na conca do Douro ameaza a biodiversidade e transforma a paisaxe
OET Durius

Un equipo de investigación da Universidade de Salamanca elaborou un estudo no marco do proxecto europeo OET Durius, centrado no corredor ecolóxico Duero-Douro.

Un estudo da Universidade de Salamanca advirte de que o abandono do medio rural na Península Ibérica está a provocar graves efectos demográficos e ambientais. A perda continuada de poboación no corredor Duero-Douro acelera o envellecemento, a masculinización e a desaparición de servizos básicos. Este proceso leva tamén ao abandono das prácticas agrarias tradicionais e á transformación da paisaxe. Como consecuencia, redúcese a biodiversidade, homoxenéizase o territorio e increméntanse os riscos ambientais, como os incendios forestais.

Despoboamento
Fonte externa