Galicia concentra a metade das vivendas «diseminadas» de España

Segundo o INE, Galicia contaba con 20.872 vivendas dispersas en 2025, case 400 más que en 2010.

Galicia continúa a aumentar o número de vivendas dispersas, segundo os últimos datos do INE, ata concentrar case a metade das existentes no conxunto do Estado. O crecemento mantense no tempo e preséntase con distinta intensidade segundo as provincias, con especial peso na Coruña e un avance porcentual destacado en Ourense. Esta evolución convive coa perda de poboación en moitas comarcas e responde a factores como o custo da vivenda urbana ou novos modelos residenciais. A expansión da dispersión residencial abre retos relevantes para a planificación territorial e a prestación de servizos públicos.

Despoboamento
Fonte externa