A Comisión Europea aproba a súa primeira estratexia sobre equidade interxeracional

Esta estratexia supón unha reflexión a longo prazo en materia de gobernanza.

O obxectivo é garantir que a mocidade teña maior protagonismo na elaboración das políticas.

A Comisión Europea aprobou a súa primeira estratexia sobre equidade interxeracional, orientada a promover políticas públicas que teñan en conta os efectos a longo prazo das decisións actuais. A iniciativa inclúe a creación dun índice para avaliar como os países protexen os intereses das xeracións futuras, o desenvolvemento de ferramentas para integrar esta perspectiva nas políticas públicas e a posta en marcha de foros e programas de participación xuvenil. A estratexia pretende reforzar a voz da mocidade e garantir un equilibrio xusto entre as necesidades das xeracións presentes e futuras.

Fonte externa
Novas relacionadas