O proxecto Activa Rural Transfronteirizo: Innovación e coidados para unha vida activa no medio rural transfronteirizo celebrou a súa reunión de coordinación inicial.
Foi aprobado na sétima convocatoria do Interreg Poctep 2021-2027.
A Deputación de Pontevedra lidera o proxecto Activa Rural Transfronteirizo, dotado con preto de 4,5 millóns de euros, para mellorar a calidade de vida das persoas maiores nas zonas rurais da fronteira entre España e Portugal. A iniciativa, financiada maioritariamente con fondos FEDER, abordará retos como o envellecemento, a soidade non desexada, a fenda dixital e a falta de servizos asistenciais. Para iso, creará as chamadas Aldeas Smarthaus, espazos de innovación en coidados, saúde comunitaria e envellecemento activo. O proxecto desenvolverase até 2028 cun amplo consorcio de entidades galegas, españolas e portuguesas.