Un informe analiza as áreas rurais do noroeste peninsular para identificar causas do declive demográfico
O Informe de Ruralidades del Noroeste Peninsular: Diagnóstico Estructural y Marco Estratégico de Actuación presentouse no marco do III Encuentro Nacional de la REDCIT.
Este informe, publicado o 16 de abril, ofrece un diagnóstico das áreas rurais de Galicia, Asturias e o noroeste de Castela e León para identificar as causas estruturais do declive demográfico e orientar políticas públicas a longo prazo. O Laboratorio do Territorio participou na análise sobre abandono da terra agraria, descoñecemento da propiedade e transición enerxética. Entre as propostas destacan a mobilización de solo agrario, a recuperación de terras, a investigación da titularidade, os incentivos fiscais e o impulso de sistemas agroforestais diversificados.
Despoboamento
Envellecemento
Fuente externa
Noticias relacionadas